Abel Caballero recibe ao vigués que comanda o portaaeronaves "Juan Carlos I"
O alcalde recibiu este martes ao vigués José Lago Ochoa, comandante do portaaeronaves "Juan Carlos I". Abel Caballero destacou o feito de que un veciño da cidade fose o máximo responsable da nave de maior importancia da historia da Armada Española. "Ten hospitais que poden chegar en calquera momento a calquera sitio e necesítase unha cualificación moi importante para comandar este barco", sinalou.
