Vigo recibe a bandeira do Secretariado Xitano
O alcalde de Vigo recibiu este martes a bandeira do Secretariado Gitano con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano que vaise a celebrar o vindeiro 7 de abril. Abel Caballero destacou a colaboración que lle presta o Concello de Vigo para a integración. Precisamente, os representantes do Secretariado presentaron ao rexedor un proxecto destinado á integración do pobo xitano.
