O alcalde destaca a experiencia laboral dos alumnos dos obradoiros de emprego Formaweb e MAIV
O Centro Cívico do Casco Vello acolleu este luns a entrega do certificado profesional aos 30 alumnos dos obradoiros Formaweb e MAIV (Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo). Abel Caballero destacou a experiencia lograda grazas aos talleres para desenvolverse no mundo laboral.
O alcalde de Vigo asistiu este luns á entrega de diplomas aos 30 alumnos que participaron nos últimos meses nos obradoiros de emprego Formaweb e MAIV (Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo). Abel Caballero destacou a experiencia lograda polo participantes de cara ao mundo laboral e destacou a calidade da web deseñada durante o curso.
A través de Formaweb e MAIV, os 30 alumnos e alumnas que hoxe recibiron un certificado de profesionalidade, con validez en todo o Estado, formáronse en materias vinculadas ás novas tecnolóxicas (no manexo de novas ferramentas informáticas, aprendizaxe de estratexias de marketing por internet e creación e xestión de páxinas web).
Descargar todas as imaxes