O goberno local aproba o proxecto para construír un novo pavillón de deportes na rúa Romil
Abel Caballero anunciou este xoves o inicio das obras do novo pavillón de deportes da rúa Romil, que terá un orzamento de 2,19 millóns e un prazo de execución de 11 meses. "A rúa Romil non podía seguir soportando a situación calamitosa dun inmoble terrible, é un cambio substancial", sinalou o alcalde.
A Xunta do Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves o proxecto para construír o novo pavillón de deportes da rúa Romil. O edificio dará servizo tamén ao Colexio Doutor Fleming e estará acabado na primavera de 2019.
"Isto é unha estrutura que leva aí 20 anos e moitos gobernos proxectaron, pero non fixeron nada", apuntou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. O proxecto conta cun orzamento de 2,19 millóns de euros e ten un prazo de execución de 11 meses.
"Está nunha situación calamitosa, un niño de marxinalidade, é intolerable nunha cidade, ao seu lado está o Colexio Doutor Fleming, o maior centro escolar da cidade e que xa é Vigués Disntinguido", engadiu o rexedor.
O proxecto xa está en marcha para a súa licitación e inicio de obra, polo que en un ano estará acabado. "É unha nova instalación deportiva que me da gran satisfacción porque a rúa Romil non podía soportar este edificio terrible, é un cambio sustancial da cidade e a forma en que a concebimos", sinalou.
Socorrismo
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou a clasificación de ofertas para a contratación do servizo de vixilancia, socorrismo, salvamento, asistencia sanitaria de primeiros auxilios e seguridade e accesibilidade ás praias de Vigo.
O contrato foi aprobado por dous anos (2018 e 2019) cun importe total de 970.255 euros para os areais da Punta (Teis), Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido, Fortiñón (Saiáns), Rodas (Illas Cíes) e Figueiras (Illas Cies).
Descargar todas as imaxes