Vigo adica unha rúa á axente Vanessa Lage, falecida hai un ano nun atraco a unha sucursal bancaria

venres, 27 nov 2015

O alcalde valorou este venres, no acto organizado polo primeiro aniversario do seu pasamento -que se cumpre este sábado, 28 de novembro-, que "é tempo de volver renderlle tributo a unha muller que fixo da súa vida a defensa da cidade". Caballero salientou a "débeda eterna" de Vigo con Vanessa Lage e trasladoulles a todos os axentes de Policía o "inmenso respecto" da cidadanía "polo que sodes e representades". O Concello pasa a denominar como "Vanessa Lage Carreira" a ata hoxe travesía de José Antela Conde.

Abel Caballero pide a paralización inmediata da Lei de Reforma Local

luns, 23 nov 2015

O alcalde e presidente da FEMP sinalou hoxe que 2,5 millóns de persoas poden quedar sen atención social por parte dos concellos coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local (LRSAL), polo que esixe garantías de que o 1 de xaneiro a norma non entre en vigor, xa que "unha carta do Secretario de Estado non basta e ao final serán os interventores os que decidan".

Concello e Deputación inician "unha nova etapa" coa sinatura dun protocolo de colaboración "histórico"

venres, 20 nov 2015

O alcalde e a presidenta da Deputación rubricaron este venres un texto "moi importante", en verbas de Caballero, ao abrir "unha nova etapa, unha nova forma de relación e proximidade entre a Deputación e a cidade". O protocolo establece o marco de cooperación para investimentos provinciais en Vigo, que incluirán á rede museística e a promoción aeroportuaria.

Iria Blanco leva "As Cores do Jazz" á Alcaldía

martes, 17 nov 2015

O alcalde de Vigo inaugurou este martes unha nova edición de Mostrarte, unha proposta cultural municipal que leva a arte viguesa aos espazos da Alcaldía. Desta volta é a quenda da obra de Iria Blanco, cunha temática eminentemente musical, particularmente jazzística, que plasma nos seus cadros a singular unión das distintas sensibilidades artísticas: musical e pictórica.