O alcalde lembra que as 1.000 analíticas da auga feitas en decembro e xaneiro deron bo resultado
Caballero explicou que a auga de Vigo "é apta para o consumo" e de "óptima calidade" en base aos resultados dos análises realizados pola Xunta durante o último mes de 2017 e o primeiro de 2018. Segundo o rexedor, son máis analíticas que as feitas no resto das cidades galegas.
Abel Caballero destacou este venres que durante os meses de decembro de 2017 e xaneiro de 2018 se realizaron un total de 1.077 analíticas na cidade e ningunha deu un resultado negativo. O rexedor insistiu en que a auga é potable e de boa calidade despois de que se fixeran máis análises que no conxunto de todas as cidades galegas.
"Nos meses de xaneiro e decembro realizáronse 1.077 analíticas, e todas din que a agua de Vigo é apta para o consumo e de óptima calidade", apuntou o alcalde durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. Segundo o rexedor, a mostras biolóxicas "non detectaron ningunha bacteria patóxena, nin coliformes, nin ecoli, nin ferro, nin aluminio, nin nada".
Descargar todas as imaxes