O Concello cooperará con AJE na organización duns premios para novos empresarios en Vigo
Abel Caballero ratificou esta mañá a cooperación do Concello coa Asociación de Jóvenes Empresarios para a organización duns premios en Vigo. Así o asegurou logo de manter un encontro con responsables da entidade coa que o goberno local mantén unha relación "moi fluída porque creemos que o mundo da economía e, sobre todo, dos pequenos e novos empresarios é da maior importancia".