A Corporación chama a participar na folga feminista do 8 de marzo
O Pleno debatiu este mércores a moción presentada por Marea, apoiada polo grupo socialista e na que o PP se abstivo. Así, o Concello amosa o seu apoio á folga feminista e ás accións convocadas co mesmo fin, "chamando á veciñanza á participación".
Os votos de Marea de Vigo e do PSOE sacaron adiante unha moción de apoio á folga feminista do próximo 8 de marzo e de todas accións convocadas co mesmo fin, "colaborando na súa difusión chamando á veciñanza á participación". O PP de Vigo abstívose na votación.
Segundo o acordo adoptado, o Concello facilitará "todos os medios dispoñibles" para o seguimento da convocatoria, adoptando "as medidas necesarias para garantir o exercicio de dereito á folga por parte das mulleres traballadoras do Concello que se sumen á mesma". O Concello de Vigo colocará ademais unha faixa en apoio á folga feminista no edificio consistorial.