xoves, 1 mar 2018
O goberno de Vigo deu luz verde ás bases e convocatoria para adxudicar as 750 vacantes para alumnado de 3º de ESO do programa "Vigo en Inglés" deste ano. Ademais, na tarde deste xoves o alcalde fai entrega das 92 bolsas de estudos que concede o Concello a estudantes da Escola de Idiomas.
xoves, 1 mar 2018
Informou Abel Caballero este xoves que a goberno de Vigo aprobou o convenio con Érguete para impulsar de novo o programa, esta vez por dous anos, contratando 47 profesionais con presenza no Calvario, Teis, Casco Vello, Travesas e Bouzas-Coia.<br />
xoves, 1 mar 2018
Air Nostrum enlazará este verán, xa sen axudas municipais, o aeroporto vigués con Las Palmas e Menorca. Caballero valorou a boa nova e sinalou que é o exemplo de que a decisión do Concello de subvencionar rutas aéreas é acertada. "Xa o conseguimos, xa funcionan sen apoio", sinalou.
xoves, 1 mar 2018
O alcalde recibiu este xoves aos representantes dos sindicatos convocantes da folga de Xustiza en Vigo. Tras coñecer as reivindicacións dos traballadores, Caballero reclamou á Xunta de Galicia que se sente a negociar e "non se levante da mesa" ata acadar un acordo.
xoves, 1 mar 2018
Abel Caballero ratificou esta mañá a cooperación do Concello coa Asociación de Jóvenes Empresarios para a organización duns premios en Vigo. Así o asegurou logo de manter un encontro con responsables da entidade coa que o goberno local mantén unha relación "moi fluída porque creemos que o mundo da economía e, sobre todo, dos pequenos e novos empresarios é da maior importancia".
xoves, 1 mar 2018
Abel Caballero felicitou nesta mañá de xoves ao escritor vigués Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. Na posterior rolda de prensa, o alcalde cualificou como "unha honra" poder contar na cidade cun escritor tan relevante.
xoves, 1 mar 2018
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao Auditorio Mar de Vigo onde preto de 400 escolares de distintos centros da cidade participaban nun programa de actividades sobre nutrición saudable. En colaboración con Eroski, o Concello apoia este tipo de obradoiros que teñen por obxectivo fomentar a alimentación equilibrada entre os máis novos. <br />
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro
xoves, 1 mar 2018
O venres día 2 a+ábrese o prazo inscrición para participar no obradoiro dirixido a mulleres maiores de 18 anos e que ten como obxectivo proporcionar ás asistentes habilidades básicas de autoprotección