O alcalde destaca o éxito da política aeroportuaria coa apertura de dúas novas rutas desde Vigo
Air Nostrum enlazará este verán, xa sen axudas municipais, o aeroporto vigués con Las Palmas e Menorca. Caballero valorou a boa nova e sinalou que é o exemplo de que a decisión do Concello de subvencionar rutas aéreas é acertada. "Xa o conseguimos, xa funcionan sen apoio", sinalou.
Abel Caballero destacou este xoves a política aeroportuaria posta en marcha polo Concello de Vigo durante os últimos anos e mencionou a apertura de dúas novas rutas sen apoio como o exemplo de que foi unha decisión acertada por parte do goberno municipal.
O alcalde valoraba así os novos enlaces aéreos que terá o aeroporto de Vigo o vindeiro verán. A compañía aérea Air Nostrum, que xa conecta a cidade con Ibiza, Palma e Valencia grazas ao convenio co Concello, anunciou que na temporada estival porá outras 3.000 prazas dispoñibles nos voos a Las Palmas de Gran Canaria e Menorca.
"Xa o conseguimos con Air Nostrum, hai un volume de negocio suficiente para facer as rutas sen axudas e esta é a demostración de que se en Vigo se poñen avións a xente os colle", explicou Caballero.
O alcalde explicou que as rutas precisan un apoio inicial por parte das administracións para que posteriormente poidan seguir funcionando. "Necesítase un impulso de saída, pero vexan como algunhas rutas xa funcionan sen apoio", apuntou. Ademais, o rexedor destacou o "crecemento impresionante" do voo entre Madrid e Vigo, sendo xa o aeroporto de Galicia que máis pasaxeiros leva a capital de España sen axudas.