A Corporación aproba o rexistro de soares e edificios abandonados para sacalos a poxa pública
Todos os grupos políticos deron luz verde inicialmente á ordenanza que permitirá ao goberno sacar a mercado soares ou edificios abandonados, a través da poxa pública. Tal e como explicou a concelleira de Urbanismo, trátase dunha ferramenta para actuar no caso de espazos urbanísticos que non son atendidos polos seus respectivos propietarios.
O Pleno do Concello de Vigo aprobou inicialmente este mércores, por unanimidade, a Ordenanza reguladora da edificación forzosa e rexistro municipal de soares, que prevé rexistrar soares e edificios abandonados para sacalos ao mercado a través da puxa pública. Na súa defensa no Pleno, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, valorou esta norma como "unha ferramenta" que permitirá ao Concello instar aos propietarios que "non cumpren coa súa obriga" a actuar neses soares e edificacións. A este respecto, recordou que, unha vez no rexistro municipal, eses espazos poden saír á poxa pública para entrar no mercado.
Caride explicou que a ordenanza contempla que, se a puxa quedara deserta, poida celebrarse unha segunda edición, cunha rebaixa do 25% no prezo e, se volve a quedar deserta, o Concello poderá adquirir esa propiedade. Tamén prevé que se estableza un prazo concreto para rehabilitar ou construír neses soares.
Tamén por unanimidade recibiu luz verde a Ordenanza reguladora do rexistro municipal de entidades urbanísticas colaboradoras do Concello. Deste xeito, se establecen os mecanismos para que os propietarios poidan participar na xestión urbanística do solo baixo o control do Concello. Segundo explicou María Xosé Caride no Pleno, estas entidades constitúen a máis xenuina expresión da colaboración dos particulares na xestión urbanística como entes instrumentais que asumen funcións públicas para a máis eficaz xestión e execución do planeamento.