O Pleno do Concello insta ao Goberno a garantir o acceso público e gratuíto á Illa de Toralla
Os grupos municipais do PSOE e da Marea de Vigo aprobaron a moción socialista para instar ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente a tomar as medidas axeitadas para recuperar o acceso a Toralla. Os concelleiros do PP votaron en contra despois de que foran rexeitadas a súas emendas.
O Pleno do Concello de Vigo aprobou solicitar ao Goberno central que garanta o acceso público e gratuíto á Illa de Toralla, así como a tomar as actuacións necesarias para a realización dunha senda peonil segura que permita un percorrido completo polo seu perímetro.
A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, foi a encargada de defender a moción socialista na que argumentou que "o obxectivo é poñer enriba de mesa o debate" sobre os problemas que se atopan os cidadáns de Vigo á hora de acceder a Toralla. "Á marxe da titularidade das rúas e viarios, é certo que non se pode entrar no perímetro da illa", sinalou a edil antes de poñer outros exemplos similares na costa galega na que Costas si que facilita a entrada.
Pola súa banda, o voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, mostrouse favorable á iniciativa do goberno local e lembrou a figura do finado Antonio Nieto Figueroa, "Leir", como defensor do dereito dos vigueses con respecto ao illote. "Fixo un traballo brutal e hoxe sería un bo día para el", sinalou antes de propoñer que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) recupere a titularidade pública do ámbito.
Ademais, Diego Gago, concelleiro do PP, recriminou ao goberno local por non "estar en contacto" cos veciños de Toralla para trasladarlles as súas intencións e poder "colaborar sen ter coñecemento da iniciativa pola prensa". Gago propuxo que o Concello ceda terreos ao ministerio para construír a mencionada senda peonil, pero as súas emendas foron rexeitadas.