Escoitar

O Concello crea a Distinción Honorífica "Cidade de Vigo"

Aprobado hoxe mércores polo Pleno, o galardón recoñecerá a cidadáns, institucións e entidades en casos excepcionais e puntuais, sen unha periodicidade estipulada de antemán. A súa concesión constituirá o máximo honor que o Concello de Vigo poida outorgar.

mércores, 28 feb 2018
A creación desta alta distinción foi proposta hoxe mércores á Corporación polo grupo de goberno e foi aprobada cos seus votos, a abstención do PP e a negativa da Marea de Vigo.

Trinta anos despois da creación dos Vigueses Distinguidos, o Concello de Vigo promove un novo galardón para recoñecer a cidadáns, institucións e entidades que teñan sobresaído o dun modo especial e excepcional, contribuindo de forma determinante ao prestixio da cidade. A Distinción Honorífica terá carácter puntual e será o máximo honor que conceda o Concello.

Os galardóns serán outorgados segundo o Regulamento de Honras e Distincións do Concello de Vigo.