mércores, 28 feb 2018
Todos os grupos políticos deron luz verde inicialmente á ordenanza que permitirá ao goberno sacar a mercado soares ou edificios abandonados, a través da poxa pública. Tal e como explicou a concelleira de Urbanismo, trátase dunha ferramenta para actuar no caso de espazos urbanísticos que non son atendidos polos seus respectivos propietarios.
mércores, 28 feb 2018
Aprobado hoxe mércores polo Pleno, o galardón recoñecerá a cidadáns, institucións e entidades en casos excepcionais e puntuais, sen unha periodicidade estipulada de antemán. A súa concesión constituirá o máximo honor que o Concello de Vigo poida outorgar.
mércores, 28 feb 2018
A Corporación aprobou unha moción presentada polo grupo de goberno amosando o "apoio" municipal á folga e "ás xustas reivindicacións laborais" dos traballadores da Xustiza. Ademais, ínstase ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a "escoitar" aos profesionais e "negociar unha solución".
mércores, 28 feb 2018
O Pleno debatiu este mércores a moción presentada por Marea, apoiada polo grupo socialista e na que o PP se abstivo. Así, o Concello amosa o seu apoio á folga feminista e ás accións convocadas co mesmo fin, "chamando á veciñanza á participación".
mércores, 28 feb 2018
O concelleiro de Facenda defendeu este mércores a execución orzamentaria de 2017 con argumentos avalados por outras entidades como a Autoridade Fiscal Independente. Máis de 12 millóns de superávit, débeda 0, primeira cidade en pago a provedores ou ter a menor presión fiscal de Galicia foron algúns dos aspectos que Jaime Aneiros subliñou ao longo da súa intervención.
mércores, 28 feb 2018
O alcalde participou este mércores na estrea das novas instalacións do Garda Civil no Peirao do Comercio do Porto de Vigo. Abel Caballero destacou o "papel fundamental" do Instituto Armado en defensa da unidade de España e mencionou a cooperación coa Autoridade Portuaria de Vigo para salvar as trabas urbanísticas que permitiron acondicionar a zona.