mércores, 23 mar 2016
A Corporación Municipal, traballadores municipais e veciñas e veciños da cidade gardaron este mediodía un minuto de silencio ás portas do Concello, unha concentración encabezada polo alcalde Abel Caballero, en sinal de rexeitamento ao atentados terroristas acontecidos en Bruxelas e co fin de amosar todo o afecto da cidadanía viguesa ás familias das vítimas. <br />
martes, 22 mar 2016
Abel Caballero convocará a través da FEMP un minuto de silencio mañá ás 12,00 horas ás portas de todos os concellos de España. En rolda de prensa, o alcalde trasladou a súa "inmensa dor e gran afecto" ás vítimas dos atentados e a todo o pobo belga.
venres, 18 mar 2016
Abel Caballero continuou este venres coas reunións para pulsar a opinión da cidade sobre a localización da Cidade da Xustiza no antigo hospital Xeral. Os representantes do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Industrais de Vigo "comparten integramente" tanto este traslado como erixir unha biblioteca estatal no entorno da rúa Lalín, explicou o alcalde.
xoves, 17 mar 2016
O Concello iluminará con luces azuis o próximo 21 de marzo, Día Mundial da Síndrome de Down, as fontes da rúa Aragón, unha petición feita pola asociación viguesa para reivindicar os dereitos das persoas que conforman este colectivo. A iluminación de varios edificios municipais, fontes e rúas permanecerá apagada este sábado para concienciar sobre a necesidade do aforro enerxético.
xoves, 17 mar 2016
Despois da celebración este xoves dunha xunta de voceiros, o alcalde de Vigo informou das propostas decididas para recibir a Medalla da Cidade e designar aos Vigueses Distinguidos de 2016. Caballero elevará os nomeamentos ao Pleno da Corporación do próximo 22 de marzo.
mércores, 16 mar 2016
O Concello enviou este mércores á Xunta de Galicia algúns cambios a introducir no borrador de Lei de Área Metropolitana de Vigo, "modificacións menores" -pois "o máis importante está recollido"- que xa foron pactadas e versan sobre o papel da cidade olívica, o transporte e o financiamento. "Creo que temos un consenso practicamente total", concluíu Caballero.
martes, 15 mar 2016
Tras a sinatura dun protocolo Xunta-Estado para reasignar os usos do "pirulí", Abel Caballero ratificouse este martes na necesidade de rubricar un convenio que dea "certezas" ao traslado, xa que o asinado onte é "unha declaración de intencións". O rexedor avanzou a redacción dun texto e a súa remisión ao Goberno de España. <br />
martes, 15 mar 2016
AENA publicou onte luns as estatísticas aeroportuarias correspondentes ao mes de febreiro, que confirman ao aeródromo vigués como o de maior crecemento de España en pasaxeiros durante o que levamos de ano. No mes de febreiro, a terminal viguesa "bateu récords" por segundo mes consecutivo, tal e como resaltou o rexedor en declaracións aos medios.
mércores, 9 mar 2016
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade inaugurou este mércores o seu novo espazo na cidade olívica, situado na rúa Teixugueiras de Navia. No acto, ao que asistiron diversas autoridades, Caballero constatou que no novo deseño da cidade "sempre estarán presentes as necesidades das persoas con discapacidade".
martes, 8 mar 2016
Caballero solicitou este martes ao vicepresidente autonómico un enfoque "máis aberto e participativa" para a proposta de traslado á torre do Xeral das dotacións xudiciais, tras constatar que colectivos vigueses carecen de información. Alerta o rexedor de que o "escurantismo" xera "enorme desconfianza".