xoves, 29 out 2020
O alcalde deu conta este xoves dos proxectos municipais en marcha para mobilizar estes recursos cos que asegura que “estamos facendo historia da cidade cun proceso de modernización que nunca antes tivo Vigo”.
xoves, 29 out 2020
Os Orzamentos Xerais do Estado para 2021 recollen as demandas da cidade respecto do AVE, ao incluír avances na variante de Cerdedo e na saída sur, cun estudo relativo á conexión Vigo-fronteira portuguesa en alta velocidade para pasaxeiros e mercadorías. Para Caballero, son unhas contas “enormemente satisfactorias” que, ademais, recuperan proxectos como a Biblioteca do Estado.
martes, 27 out 2020
Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro cos titulares de Sanidade e de Política Territorial do Goberno de España para consensuar criterios de prevención a nivel local nesta segunda onda da pandemia.
luns, 26 out 2020
O alcalde e presidente da FEMP subliñou que “os Gobernos Locais somos a mostra da cohesión territorial” e fixo unha valoración “moi positiva” da decisión do Goberno de España de incluír á Federación na Conferencia de Presidentes.
venres, 23 out 2020
Abel Caballero reuniuse este venres con Douglas Prothero, director executivo de Ritz Carlton YachtCollection, a quen lle trasladou o apoio municipal no proceso de cambio de dirección no estaleiro Barreras.
venres, 23 out 2020
A Conferencia de Presidentes convocada polo xefe do executivo, Pedro Sánchez, coa presenza de Ursula van der Leyen, celebrarase este luns 26 de outubro ás 10:00 horas por medios telemáticos. Caballero participará en representación de “máis de 8.100 alcaldes e alcaldesas que gobernan sobre 47 millóns de persoas”.
xoves, 22 out 2020
O rexedor participou este xoves na inauguración do congreso internacional Maritime Trends Summit, que organiza Asime para abordar co sector a situación actual e as perspectiva de futuro, no que apuntou que é imprescindible que o naval de Vigo presente un proxecto para concorrer aos fondos europeos de reconstrución económica.
xoves, 22 out 2020
Un total de 71 autónomos e micropemes beneficiaranse do programa de axudas á contratación posta en marcha polo Concello de Vigo dentro do paquete de medidas de recuperación económica fronte á pandemia do Covid-19. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o proxecto de mellora do campo de fútbol de O Vao e achegas para o sindicato CIG e a asociación Villa Galicia.
luns, 19 out 2020
O alcalde de Vigo visitou este luns a Porta do Sol ante o inicio inminente do “groso” da obra de humanización. A maquinaria para construír o túnel que desviará o tráfico xa chegou e todo está listo para comezar a traballar. “Esta obra vai marcar Vigo historicamente para ben, a cidade terá a praza que nunca tivo”, sinalou.
venres, 16 out 2020
Abel Caballero confirmou este venres que o Concello de Vigo tramitará as denuncias impostas pola Policía Local de Vigo desde o mes de marzo por non usar máscara. O alcalde amosou a intención do seu goberno local de acatar o ditame do Consello Consultivo e colaborar coa Xunta.