O Concello pagou en 9,3 días aos seus provedores no mes de marzo
Abel Caballero deu conta este luns en rolda de prensa dos datos relativos ao pagamento a provedores no terceiro mes deste ano 2021. Vigo aboou as súas facturas nun prazo de 9,3 días polo que “seguimos batendo marcas”.

O rexedor valorou que con este prazo en Vigo “seguimos sendo un concello exemplar á hora de pagar. As empresas queren traballar co Concello polo rápido que pagamos” e citou como exemplo contrario desta prontitude nos abonos a Madrid que “tardou en pagar dous anos” fronte aos nove días da cidade e que, en comparación cos da Xunta de Galicia supoñen “a metade de tempo”.