luns, 19 abril 2021

“Non queremos intermediación na xestión de fondos europeos para turismo, comercio e industria a nivel local"

luns, 19 abr 2021

O presidente da FEMP e a xunta de portavoces reuníronse esta tarde coa ministra Reyes Maroto, que presentou as cifras do Plan de recuperación nestas áreas. Caballero reivindicou a proximidade dos gobernos locais como garantía de eficiencia na xestión de fondos europeos para apoiar ás pemes e empresas, promover a actividade industrial e a xestión turística.