Caballero esixe a Facenda que os concellos poidan gastar o superávit de 2015

martes, 19 abr 2016

O alcalde vigués e presidente da FEMP reclama do Ministerio dirixido por Cristóbal Montoro que o aforro dos municipios no 2015 -5.000 millóns en total, 22 no caso de Vigo- poidan ser gastados por estes ao longo do presente ano. A próxima semana, na Comisión Nacional de Administración Local, Caballero proporá a Facenda distintos mecanismos que o faga posible.

O alcalde avoga por estreitar a relación institucional de Vigo e Vilagarcía de Arousa

martes, 19 abr 2016

O rexedor vigués visitou o concello pontevedrés este martes para manter unha xuntanza co seu alcalde, Alberto Varela Paz, e iniciar unha etapa "de moita relación" entre os dous municipios. Caballero e Varela acordaron establecer un grupo de traballo para resolver o problema de transporte entre as dúas cidades polo custo que supón para a cidadanía que se despraza entre ambas e para a posta en común da política social.

O alcalde asegura que "este territorio inicia una etapa nueva" coa Lei de Área Metropolitana

venres, 1 abr 2016

O alcalde felicitouse esta mañá pola aprobación na Xunta de Goberno da modificación de Lei de Área Metropolitana que abrirá "unha etapa nova neste territorio". En todo caso, o goberno local tamén quixo deixar constancia das emendas que lle gustaría se incluiran no texto, especialmente, que Vigo sexa tratada como capital de provincia no tocante á dotación de servizos.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lerá o Bando da Reconquista

mércores, 23 mar 2016

A lectura do Bando da Reconquista celébrase o próximo luns día 28 de marzo na praza da Independencia e coa elección da presidenta de Deputación, o goberno local quere "recoñecer a súa dedicación á cidade" xa que, segundo o alcalde, "é a primeira vez na historia da urbe que o ente provincial atende a Vigo" coa sinatura dun "convenio de alcance infinito" que achega á cidadanía os recursos que lle corresponden.