O Concello inicia en maio as probas para cubrir 32 prazas da Oferta Pública de Emprego
O alcalde informou este luns do inicio do procedemento ao que se presentaron máis de 2.000 aspirantes a ocupar algunha das prazas en diferentes categorías: arquitecta/o técnica/o, diplomada/o social, administrativo xeral, auxiliar de administración xeral, oficial ou subalterna/o.
"Seguimos facendo Concello para a cidadanía viguesa", apuntou o rexedor, que explicou que a previsión municipal é constituír o 11 de maio o primeiro dos tribunais para iniciar o proceso selectivo da terceira fase da oferta de emprego público do Concello.
A oferta suma un total de 32 prazas: 18 son da quenda libre e 14 de promoción interna con 5 prazas para persoas con discapacidade. Presentáronse máis de 2.000 solicitudes para participar no proceso selectivo e foron admitidas máis de 1.900.
As 32 prazas da convocatoria son para arquitecta/o técnica/o-aparellador/a (1), diplomado trabajo social (1), 9 administrativos da administración xeral, 11 auxiliar de administración xeral, 4 subalterno e 6 oficiais.
Ademais, tal e como explicou Caballero, está en proceso de execución a oferta de emprego público para 62 policías locais e 24 bombeiros, que están realizando nestes momentos as probas, mentres no caso da categoría de policía está en proceso de constitución o tribunal.