Escoitar

O alcalde enxalza o labor de cantería do cruceiro da Igrexa de San Paio de Lavadores

Abel Caballero e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, asistiron este mércores á inauguración do novo cruceiro que preside a subida á Igrexa de San Paio de Lavadores e que foi elaborado expresamente para este emprazamento pola Escola de Cantería de Pontevedra.

mércores, 7 abr 2021
Acto de inauguración do cruceiro
Acto de inauguración do cruceiro

No acto, que contou coa presenza da veciñanza e do párroco, Plácido Vázquez, o alcalde puxo en valor o traballo das persoas autoras da obra que realizaron unha “combinación fantástica entre a arte modernista e o románico tradicional”. A peza, de cinco metros de altura e catro toneladas de peso, está culminada cunha imaxe moderna dun Cristo e inclúe tamén no fuste unha representación do santo Paio.

Caballero definiu os cruceiros como “lugares de encontro, lugares para identificar os territorios, os espazos e as persoas”. Ademais, deixou claro que son “unha parte importante da antropoloxía, da forma de entendernos e transitar por todos os lugares de Galicia, e neste caso de Vigo”.

Para o rexedor, con esta inauguración, “vanse a marcar os tempos a partir de agora” posto que se falará da igrexa pero tamén do cruceiro. Aproveitou a ocasión para felicitar tanto á Deputación e salientou o tamaño do cruceiro “unha escultura monumental pero chea de sentimentos e de sensacións”.

Carmela Silva, explicou que “desde a Deputación queremos seguir levando as obras de cantería a todos os recunchos da provincia con ilusión por facer cousas que satisfagan á veciñanza”

Acto de inauguración do cruceiro
Descargar todas as imaxes