Escoitar

O Concello destinou 1,9 millóns a achegas de emerxencia desde o inicio da pandemia

As achegas de emerxencia beneficiaron a case 35.000 persoas desde o inicio da pandemia cun orzamento de 1,9 millóns de euros. O perfil deste servizo é agora un traballador ou traballadora en ERTE que non pode asumir o alugueiro ou a hipoteca.

mércores, 7 abr 2021

A comisión de achegas de emerxencia aprobou 62 novas axudas por importe de case 8.000 euros, dos que case 5.000 foron para garantir pagos de alugueiros e hipotecas. Tal e como detallou o rexedor, o novo perfil de perceptor social son familias en ERTE que aínda non cobraron, é dicir, non eran persoas usuarios deste programa con anterioridade. No que vai de pandemia, o Concello destinou 1,9 millóns cos que se atenderon a preto de 35.000 persoas.

Respecto das persoas sen fogar, o albergue municipal acolle a 34 persoas (29 homes e 5 mulleres), mentres que hai outras 34 persoas aloxados en hoteis e hostais da cidade.

 

 

Descargar todas as imaxes