mércores, 16 nov 2022
Abel Caballero anunciou que o Concello está a preparar un concurso público para a promoción turística en destino, nesta ocasión con Londres, que terá 3 frecuencias semanais en temporada alta.
mércores, 16 nov 2022
Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con José Manuel Rodríguez Uribes no que lle trasladou a acción e o traballo municipal a prol da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.
martes, 15 nov 2022
O alcalde mantivo unha xuntanza co xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, no que acordaron reservar 47 prazas para profesionais que acudan á Cidade da Xustiza.
martes, 15 nov 2022
“Dentro de catro días comeza o Nadal no planeta”, sinalou o alcalde, e ante a previsión de choiva, o Concello estima que o acto de posta en marcha da iluminación será ás 7 da tarde se as previsións climatolóxicas non cambian.
luns, 14 nov 2022
Abel Caballero visitou este luns na Escola de Enxeñería Industrial o showromm Industria 4.0 no que coñeceu algúns dos proxectos que desenvolve o alumnado nas áreas de mecánica ou robótica. Esta feira, que serve para establecer contactos entre a universidade e a empresa está a desenvolverse como parte da programación das VIII Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI 2022) que comezaron hoxe na Universidade de Vigo.
luns, 14 nov 2022
Este evento celebrarase o xoves 17 de novembro dende as 19:30 ata as 22:30 na Sede de Afundación.
venres, 11 nov 2022
O Concello organiza este sábado 12 de novembro a cuarta edición do certame artístico no marco do programa municipal de murais que busca achegar a cultura urbana á cidadanía.
venres, 11 nov 2022
Eugenio González de Haz y Vizcaíno recibirá o máximo galardón que o Concello pode outorgar a cidadáns ou institucións que destacan pola súa especial contribución ao prestixio da cidade. Ese é o caso do presidente do Grupo Radio Vigo, merecedor da Distinción de Honra “Cidade de Vigo”.
venres, 11 nov 2022
Abel Caballero, subliñou o “apoio categórico” da Federación de Municipios e Provincias a estas oficinas que sitúan no ámbito da xustiza o “primeiro paso” para a actualización dos gobernos locais ao primeiro cuarto do Século XXI. As novas oficinas permitirán aos cidadáns obter certificados diversos ou declarar ante os tribunais desde o seu propio municipio, co asesoramento de funcionarios das mesmas.
xoves, 10 nov 2022
O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 6º curso de Educación Primaria que participan no programa "Visita o teu Concello" a través do cal se achegan ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polas tarefas que desenvolve no seu día a día, así como por algúns dos proxectos municipais. Ademais, os rapaces e rapazas achegáronlle o rexedor un listado de propostas para mellorar a cidade.