Escoitar

O alcalde manifesta o seu apoio ás gardas xudiciais de 24 horas

Abel Caballero mantivo un encontro este luns cunha representación do sindicato de xustiza STAJ que reclama a necesidade de implantar este servizo nos xulgados de instrución de Vigo.

luns, 6 nov 2023
O alcalde xunto á concelleira Yolanda Aguiar e os representantes do sindicato STAJ
O alcalde xunto á concelleira Yolanda Aguiar e os representantes do sindicato STAJ

Trala reunión celebrada no Concello con Roberto Fariña, máximo responsable en Vigo do sindicato STAJ, e con Tamara Area, representante da Coruña, o rexedor trasladoulles “todo o apoio na reivindicación” das gardas 24 horas que supón “‘unha mellora importante na propia xustiza e moi importante sobre todo para a cidadanía”.

Tal e como explicou Caballero, as gardas de 24 horas están aprobadas polo Goberno de España, aprobadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial e polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e “soamente se opón a Xunta de Galicia e o señor Rueda coa súa negativa está prexudicando á xustiza e á cidadanía e freando avances socialmente notables”.

Descargar todas as imaxes