Escoitar

O goberno local publica o bando coas medidas extraordinarias durante o Nadal

A partir do martes 7 de novembro ás 14 horas e ata o luns 15 de xaneiro non está permitida a celebración de eventos na vía pública salvo autorización municipal. As obras poderás autorizarse sempre e cando non interfiran coas instalacións e actividades previstas para o Nadal. Estas limitacións afectan ás rúas máis céntricas da cidade e teñen como obxectivo mellorar a mobilidade peonil e de vehículos durante a montaxe e celebración das festas.

venres, 3 nov 2023

Abel Caballero explicou o bando que vén de publicar o Concello para a mellora da mobilidade peonil e de vehículos durante a montaxe das luces de Nadal e a celebración das festas. Por unha banda, a partir do martes 7 de novembro ás 14 horas quedan limitadas as obras e celebración de eventos na vía pública ata o 15 de xaneiro. Estas medidas afectan ao arco delimitado polas rúas Isaac Peral, García Barbón, Alfonso XIII, Lepanto, Gran Vía, María Berdiales, Ronda Don Bosco, Cachamuíña, Falperra, Paseo Alfonso e Poboadores. Estas medidas contan coa excepción de autorización expresa do Concello de Vigo.

Por outra banda, o Concello limita os traballos de construción na vía pública entre o 16 de decembro e o 8 de xaneiro salvo autorización municipal na zona urbana delimitada polas rúas Doutor Corbal, Buenos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Arquitecto Palacios, Castrelos, Portanet, Citroën e a circunvalación oeste ata Bouzas. Soamente poderán ser atendidas emerxencias ou avarías urxentes.

Descargar todas as imaxes