Vigocultura para a fin de semana
Durante esta fin de semana, o Concello oferta actividades culturais para público infantil e adulto. Obras de teatro, concertos, exposicións, entre outros plans.
O programa de artes escénicas Vigocultura presenta o espectáculo “Sin Ojana” (circo, flamenco e teatro) para público adulto, o venres 3 ás 20 horas no auditorio municipal.
Chicharrón, último enlace dunha dinastía flamenca, trae o carromato onde garda a peña flamenca familiar, na que fusionará os ritmos e compases do flamenco cos malabares. Sin Ojana significa sen mentiras, sen hipocrisías. Chicharrón, na súa itinerancia, leva consigo un canto á liberdade, unha homenaxe ao flamenco, á muller e aos devires da vida. Unha mestizaxe de artes que, entre o humor e o drama, nos atrapará para colocar uns lunares ás nosas vidas.
O público familiar terá a oportunidade de gozar da representación “ Coliño” de A Xanela do Maxín o domingo 5. Funcións: 12:00, 16:00 e 18:00 h. Aforo súper reducido. “Coliño” é un espectáculo para primeira infancia, musical e monicreques.
As funcións de Vigocultura teñen lugar no Auditorio Municipal do Concello. Entradas á venda: en www.giglon.com; na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo, 1, baixo-Vigo), de luns a venres, de 10:30 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h, e sábados de 10:30 a 13:30 h; E no despacho de billetes do Auditorio Municipal dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que houbese entradas dispoñibles
Música
“VIGO, UN MAR DE CORAIS”-CICLO DE CONCERTOS
XIII Festival Lírico de ACOPOVI: Domingo 5, ás 18:00 h, no Verbum
OUTONO LÍRICO 2023
- Mesa Redonda: “Don Pasquale. What Else?”.
Sábado 4, ás 19:30 h, Sede Social Afundación
- DON PASQUALE, de Gaetano Donizetti
Domingo 5, ás 19:00 h, no Teatro Afundación
ENSEMBLE VIGO 430 + KATARINA LESKOVAR (violoncello)
Sábado 4, ás 20:00 h, no Auditorio “Martín Codax” do CSMVigo
Prezo entrada: 10€. Venta on line: Ticketrona e web da orquestra Vigo 430
Programa:
V. Žuraj: Ai Marmi para violonchelo solo
Mel Bonis: Sonata Op. 67 para violonchelo e piano
K. Penderecki: Capriccio per Siegfried Palm para violonchelo solo
A. Webern: Langsamer Satz
G. Kurtag: Signs, Games and Messages para trío de cordas
I. Xenakis: Dhipli Zyia para violín e violonchel