O alcalde anima á participación no IX Torneo Movember de veteranos de rugby
O alcalde recibiu este xoves a unha representación dos veteranos Melgachos Rugby Club que organizan o IX Torneo Movember, que se celebrará o vindeiro 11 de novembro no campus universitario das Lagoas entre as 16 e as 18:30 horas da tarde. A competición será entre un equipo formado por xogadores galegos e o Old Vrac’s de Valladolid. O club Melgachos leva desde o ano 2014 organizando este torneo solidario cuxos beneficios e patrocinios irán á Asociación Española contra o cancro, en concreto para a loita contra o cancro de próstata.
