Un estudo sobre mobilidade permitirá adecuar o transporte urbano ás necesidades de 2025
Co obxectivo de establecer o modelo de transporte urbano que deberíamos ter en funcionamento en 2025, o Concello vén de encargar un “gran” estudo sobre as necesidades de mobilidade na cidade. O orzamento deste servizo de consultoría é de case 320.000 euros.
O alcalde deu conta da contratación dos servizos de consultoría sobre o transporte urbano colectivo por un importe de 319.440 euros. A empresa encargada de elaborar o estudo é UTE Eptisa Servicios de Ingeniería S.L. - CPS Infraestructuras Movilidad y Medio Ambiente S.L. que terá como cometido analizar as necesidades de mobilidade da cidade e establecer as condicións do novo modelo de transporte colectivo que deberíamos ter en marcha de 2025.
A través de enquisas entre a cidadanía, o informe avaliará novas alternativas para mellorar o transporte usando todos los procedementos necesarios para chegar a un modelo dixital en tempo real sobre usos e demandas do transporte. Preténdese optimizar as demandas para establecer o novo modelo de transporte de cara á renovación do servizo previsto para 2025.