Escoitar

150 alumnos do programa municipal de formación de adultos reciben o seu diploma

O alcalde de Vigo entregou este luns o diploma ao alumnado que participou no programa de Educación de Persoas Adultas do curso 2022-2023.

luns, 6 nov 2023

O curso de formación de adultos do Concello formou a un total de 150 alumnos, a maioría mulleres, que ao longo da súa vida non accederon ou non puideron completar coñecementos básicos. Así o puxo en valor o alcalde ao apuntar que se trata dun “curso moi interesante”, por centrarse nas competencias de lectura, escritura e cálculos matemáticos. “Temos que devolver a estas persoas o esforzo que realizaron pola cidade traballando, e que non puideron formarse, por ser tempo moi duros. Agora tócalles a elas recibir a atención da cidade”, argumentou.

O programa, cun importe de 37.426 euros, facilita a integración e a participación activa na vida social das alumnas.

O alcalde apuntou que o Concello conta con oito docentes encargados de dirixir o programa que se desenvolve nas asociacións de Teis, Calvario, Cristo da Victoria, Sárdoma, Bembrive, Lavadores, Valadares e na sede de Mulleres Progresistas.

Descargar todas as imaxes