Escoitar

Caballero coloca a primeira pedra da humanización integral da rúa Teixugueiras, en Navia

O alcalde, acompañado polas concelleiras Elena Espinosa e María Xosé Caride, colocou este luns a primeira pedra das obras de humanización da rúa Teixuguerias, desde Lamelas ao acceso peonil a Navia pola estrada VG-20. Anunciou que o Concello, unha vez finalizada, no outono de 2024, a primeira fase das melloras, que abarca a metade da rúa, comezará de forma inmediata a segunda fase das obras. “Queremos ter todo Teixugueiras humanizado”, afirmou.

luns, 6 nov 2023
Abel Caballero coas concelleiras Elena Espinosa e María Xosé Caride no inicio das obras de humanización da rúa Teixugueiras, no barrio de Navia
Abel Caballero coas concelleiras Elena Espinosa e María Xosé Caride no inicio das obras de humanización da rúa Teixugueiras, no barrio de Navia

O Concello arrincou esta mañá as obras de remodelación total da rúa Teixugueiras, do barrio de Navia, a pesar de ser construída hai pouco máis de 15 anos pola Xunta de Galicia. “A Xunta entregóunolo en pésimas condicións, de feito é unha rúa relativamente nova e xa a temos que humanizar”, argumentou.

O alcalde oficiou o inicio da primeira fase da humanización, entre a rúa Lamelas e o acceso de peóns desde a estrada VG-20, que se completará a finais de 2024 coa intervención na segunda metade, dentro do proxecto de reformar e mellorar toda a rúa Teixugueiras. “Queremos que Navia se convirta nun modelo de entender unha zona urbana e que sexa un modelo e referente para toda España e Europa”, asegurou Abel Caballero ao indicar que a rúa conta con “unha arquitectura estupenda e é unha zona marabillosa”.

O rexedor explicou que a obra que comezou este luns conta cun orzamento de 2.6 millóns euros e un prazo de execución de 9 meses.

O proxecto contempla renovar os colectores, así como crear novas redes de saneamento e fecais, así como de augas pluviais. Ademais, derrubaranse as beirarrúas e pavimentos e retirarase o pavimento. Tamén se canalizarán as redes da iluminación pública e dos semáforos.

Abel Caballero anticipou que se manterá dous carrís por cada sentido de circulación e que se instalarán novos elementos decorativos, entre os que destacan tres esculturas e unha fonte luminosa.

O alcalde lembrou que o pasado mes de outubro o Concello comezou a mellora integral do parque Nelson Mandela. O investimento realizado en Navia ascende a 4.179.325 euros.

Abel Caballero coas concelleiras Elena Espinosa e María Xosé Caride no inicio das obras de humanización da rúa Teixugueiras, no barrio de Navia
Abel Caballero e as concelleiras Elena Espinosa y María Xosé Caride
Descargar todas as imaxes