xoves, 9 novembro 2023

Vigo dará comezo ao Nadal o 24 de novembro

Abel Caballero anunciou que “o Nadal no mundo comeza o 24 de novembro ás 20:30 horas”. O alcalde acudiu ao inicio da montaxe da árbore de Nadal, que baterá o récord de altura, con 44 metros, e terá espectáculo musical diferenciado entre o cono e a estrela. Este último elemento pasará a ter 19 metros, 17 máis que o ano anterior. Vigo alumeará 450 rúas con 6.000 estruturas de iluminación e 4.000 arcos e motivos de Nadal. “Temos a árbore de Nadal máis importante do mundo”, declarou.

O goberno local inviste 7,5 millóns en comercio e turismo

xoves, 9 nov 2023

Abel Caballero anunciou este xoves que nos Presupostos de 2024 o goberno de Vigo destinará 7,5 millóns de euros a comercio e turismo, na senda de afianzar á cidade como un referente turístico nacional e de potenciar a todas as empresas dos dous sectores de actividade económica.

Concello e Clúster do Deporte cooperarán para establecer o “Modelo Vigo” noutras cidades

xoves, 9 nov 2023

O alcalde mantivo unha xuntanza coa directiva do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar de Galicia na que intercambiaron opinións sobre a industria do deporte na cidade. Caballero salientou esta actividade, “que es transversal, compacta e iguala a cidade” e lembrou que o goberno local “adica total axuda e apoio con moitos recursos” ao deporte. O rexedor e o Clúster do Deporte seguirán na cooperación para exportar o “Modelo Vigo” a outras vilas da cidade.

Os alumnos do Ceip Pintor Laxeiro visitan o Concello

xoves, 9 nov 2023

Abel Caballero e a concelleira de Educación, Olga Alonso, explicaron este xoves aos 50 alumnos de cuarto de primaria do Ceip Pintor Laxeiro, a importancia do traballo que desenvolve o Concello para propiciar o benestar dos vigueses. A visita enmárcase no programa "Visita o teu Concello", creado para achegar o Concello e o funcionamento da administración local ao estudantado.

Vigo debate sobre sistemas de innovación da saúde

xoves, 9 nov 2023

Yolanda Aguiar, concelleira de Política Social, asistiu hoxe á inauguración do VIII Foro Internacional de referencia no que se abordarán os retos e oportunidades do ecosistema da saúde. A concelleira agradeceu especialmente ó comité organizador RIES 2023 como ó Cluster Saúde Galicia, por escoller a cidade de Vigo e reunir ós principais axentes dos sectores sanitarios e socio-sanitarios tanto público como privado.