Vigo dedica case 25 millóns a políticas de benestar social
Os orzamentos para 2024 recollen unha suba de 125.000 euros para os comedores sociais e as becas comedor para escolares superan os 2.000.000 euros. A partida máis alta é para o Servizo de Axuda no Fogar, con case 11 millóns de euros. “Temos o máis importante orzamento para benestar social en realización coa poboación”, afirmou o alcalde.
O alcalde detallou o orzamento da Área de Benestar Social, cunha cifra de gastos que achégase aos 25 millóns de euros. A partida máis alta é para o Servizo de Axuda no Fogar, con case 11 millóns de euros. Abel Caballero explicou que “unha das partidas que máis medra é a dos comedores sociais, cunha actualización acorde á cesta da compra”. O goberno local adica practicamente 500.000 euros, 125.000 euros máis que o ano anterior. Destaca a partida para o Banco de Alimentos que pasa de 83.000 a 120.000 euros.
O Centro de Atención a Drogodependencias recibe 1.660.000 euros, 55.000 euros máis, que inclúe o convenio coa Fundación Érguete para os pisos tutelados para persoas con drogadicción. As becas de comer para escolares superan os dous millóns de euros. Tamén Vigo é a unha cidade de Galicia que conta cun albergue social municipal, ao que o goberno local adica 1 millón de euros.
As Axudas de Emerxencia figuran cunha partida de 1.200.000 euros, “pero que non teñen límite”, reiterou o alcalde. No documento tamén figuran 829.000 euros para programas socioeducativos, 600.000 euros para o programa Coidadores de Barrio, o servizo de Teleasistencia “sen lista de espera” e a cofinanciación dos Centros de Día, que en palabras do alcalde, “tería que mantelos na súa totalidade a Xunta de Galicia”.
Amais, o Concello asinará convenios e subvencións con outras entidades e asociacións sociais da cidade.