O Concello destina 18 millóns de euros ao deporte da cidade
Abel Caballero anunciou este mércores a “substancial” subida do orzamento destinado aos deportes de Vigo para 2024. Explicou que cunha asignación de 18 millóns, as novas contas rexistran un incremento de 3,5 millóns de euros, que representan un ascenso do 25 por cento con respecto ás de 2023. “O máis importante orzamento de axuda ao deporte que houbo nunca na historia da cidade”, afirmou o alcalde
Dos 18 millóns de euros do orzamento destinado á concellería de Deportes, un total de 3.733.000 euros destínanse a subvencións e axudas. Esta partida, segundo explicou o alcalde, representa un aumento de 1.200.000 euros con respecto ás últimas contas.
Entre as partidas destacadas, atópase o millón de euros destinados á celebración de O Marisquiño, sinalando que a Xunta lle destina “cero euros”, do mesmo xeito que a Deputación Provincial de Pontevedra sen a presidencia de Carmela Silva.
Caballero apuntou o proxecto da nova pista de atletismo de Balaídos contará cun investimento de 300.00 euros. O rexedor indicou que a nova piscina Teis, xa que esixe unha importante intervención tras o incendio, conlevará un gasto de 500.000 euros, e que a cifra asignada á de de Travesas ascende a 1.600.000 euros, ao que hai que sumar 1.300.000 en gastos como a electricidade. Engadiu que o custo total de subvencións das piscinas suma 2.700.000 euros, “unha enorme subvención para que os cidadáns poidan utilizalas a custo practicamente cero”.
Caballero sinalou que 1.5 millóns irán a melloras de instalacións deportivas. A limpeza de pavillóns contarán con 850.000 euros. Para melloras en infraestruturas e equipamentos, como caldeiras, foron consignados 500.000 euros e outros 270.00 empregaranse en mantemento e mellora de instalacións.