Escoitar

O investimento municipal ascende a 37,4 millóns de euros no Orzamento de 2024

O alcalde estima que o investimento municipal sumará máis de 100 millóns de euros dado que “esperamos incorporar 13,5 millóns de euros de fondos europeos” e, amais, o goberno local ten en execución “55 millóns de euros”.

martes, 7 nov 2023
O alcalde durante unha visita ao ascensor Halo, un dos proxectos en execución
O alcalde durante unha visita ao ascensor Halo, un dos proxectos en execución

Abel Caballero deu conta este martes do capítulo de investimentos do Orzamento municipal para 2024 que acada os 37,4 millóns de euros, un 9% máis ca o ano anterior, nun orzamento que “aumenta todo o gasto: social, de servizo e de forma moi importante os investimentos”.

Ademais, o Concello agarda “incorporar 13,5 millóns de euros de fondos europeos” superando así os 50 millóns de euros que, sumados aos 55 millóns de euros que se atopan en execución nestes momentos, superan a cifra de 100 millóns de euros en investimentos municipais para o exercicio 2024.

O rexedor valorou o incremento do investimento que permitirá “seguir transformando Vigo” e que contempla “máis gasto en política de benestar para que a xente viva mellor, máis deducións de impostos e un aumento moi importante no deporte, en medio ambiente...que significan calidade de vida”.

Actuacións 2024:

◦ Avenida de Madrid: 7.650.000 euros

◦ Addenda 2023 acceso estación intermodal: 3.346.801 euros

◦ Humanización Teixugueiras: 1ª fase: 2,5 millóns de euros

◦ Servizo de prevención e extinción de incendios: 1,7 millóns de euros

◦ Humanización rúa Val Miñor: 1,5 millóns de euros

◦ Construción de vivendas para alugueiro social en Esturáns: 1, 1 millóns

◦ Mellora do parque de Navia Fase I: 1.500.000 euros

◦ Reordenación rotonda Olímpicos e Pablo Iglesias: 1 millón de euros

◦ Melloras en instalacións deportivas: 1.100.000 euros, que se destinarán a reparacións de cubertas e vestiarios de todas as instalacións e campos de fútbol

◦ Proxecto de Zonas de Baixas Emisións: 732.000 euros

◦ Mercado de Teis: 685.000 euros

◦ Biblioteca Teis: 600.000 euros

◦ Parque infantil no Berbés: 575.000 euros

◦ Parques infantís e biosaudables: 600.000 euros

◦ Humanización San Roque-Gregorio Espino- Reiseñor: 500.000€

◦ Pazo da Raposeira: 465.000 euros

◦ Inicio da reconstrución da piscina de Teis: 450.000 euros

◦ Melloras en instalacións deportivas: 450.000€

◦ Iluminación do Parque da Guía: 410.000 euros

◦ Parque infantil Camilo José Cela: 410.000 euros

◦ Actuacións dixitais no eixo turístico Teis-Bouzas: 370.000 euros

◦ Parque de Bombeiros en Esturáns: 300.000 euros

◦ Proxecto pistas de atletismo de Balaídos: 300.000 euros

◦ Melloras no estadio de Balaídos, que quedaban pendentes da Grada de Marcador e o inicio do proxecto da grada de Gol: 300.000 euros

◦ Plan beirarrúas en parroquias: 200.000€

◦ Sinalización dixital (mupis dixitais): 230.000 euros

◦ Información e promoción turística : 233.000 euros

◦ Remate cubrición Centro Cultural Becerreira: 150.000€

◦ Humanización rúa Roupeiro: 150.000€

◦ Humanización Cesáreo Vázquez: 110.000€

◦ Humanización de Foxos: 100.000€

◦ Inicio Aparcamento Matamá: 100.000€

◦ Investimentos en patrimonio municipal: 100.000€

◦ Recuperación de zonas verdes e parques públicos: 100.000€

◦ Recuperación dunas de Samil, 1ª fase: 100.000€. Esta é a achega municipal para o proxecto que ten en licitación o Goberno de España

◦ Humanización Praza Balado: 90.000€

◦ Melloras en centros culturais de titularidade municipal: 80.000€

◦ Equipamento deportivo nas instalacións: 80.000€

◦ Melloras en instalacións deportivas nos parques: 80.000€

◦ Equipamentos museos: 70.000€

◦ Cubrición patio colexio Javier Sensat e outros: 75.000€

◦ Cuberta Villalaura e Frián-Teis: 50.000€

◦ Mellora do auditorio de Castrelos: 60.000 euros

◦ Mellora edificio parque central Santa Cristina: 60.000€

◦ Ascensor Asociación de Veciños Navia Vello: 50.000€

◦ Cubrición pista Centro Cultural Bembrive e mellora parque: 50.000€

◦ Remate da humanización Castelao-Rotanda Barco-Darío Durán: 50.000€

◦ Urbanizacións en Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada: Casco Vello, Bouzas, Coia, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, A Salgueira, Fenosa, Gorxal: 88.092€

◦ Melloras no cemiterio de Pereiró: 155.00 euros

◦ Mellora canceira municipal: 40.000€

◦ No marco do programa Vigo Vertical proxéctanse as ramplas mecánicas en Escultor Gregorio Fernández: 675.000 euros; o ascensor e a rampla entre Travesía de Vigo – Aragón: 250.000€; as ramplas mecánicas de Ramón Nieto – Centro de Saúde de Lavadores: 300.000 euros; a escaleira mecánica de Centro de Saúde de Teis: 100.000€; as Ramplas mecánicas Colexio Losada – Ramón Nieto: 666.000 euros; o ascensor de conexión entre Romil e Hispanidade, primeira fase: 330.000 euros; mellora do ascensor entre Menéndez Pelayo e Camelias: 220.000€; ascensor Jacinto Benavente-Torrecedeira: 100.000€ e melloras na Porta do Sol: 250.000€

 

Descargar todas as imaxes