O mércores comezan os actos do programa con motivo do 25N
O Concello de Vigo programa durante todo o mes de novembro actividades para conmemorar o Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra as Muller que se celebra o 25 N. O mércores 8 subirá ao escenario do Auditorio Municipal o grupo Caamaño&Ameixeiras . Será ás 20 horas con entrada libre ata completar a capacidade do local.
Dúo galego integrado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz), ligado á música e ao baile de raíz. Desde o seu nacemento, en 2018, este dúo conta cunha intensa traxectoria, tanto a nivel nacional como internacional.
Logo do éxito colleitado no seu primeiro traballo discográfico, Aire! (Segell Microscopi, 2021) (Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría de Folk, 1º Premio no Folkez Blai 2021 (Ermua, País Vasco), Premio Opinión da Música de Raíz ao disco do ano 2021), o dúo lanza en outubro de 2023 o seu segundo álbum "Quitar o aire".