Escoitar

Vigo debate sobre sistemas de innovación da saúde

Yolanda Aguiar, concelleira de Política Social, asistiu hoxe á inauguración do VIII Foro Internacional de referencia no que se abordarán os retos e oportunidades do ecosistema da saúde. A concelleira agradeceu especialmente ó comité organizador RIES 2023 como ó Cluster Saúde Galicia, por escoller a cidade de Vigo e reunir ós principais axentes dos sectores sanitarios e socio-sanitarios tanto público como privado.

xoves, 9 nov 2023

O encontro , que se celebra no Verbum, afondará en catro áreas estratéxicas no ámbito da saúde, dos coidados e da atención socio sanitario: a lonxevidade, biotecnoloxía, one-health e Intelixencia Artificial. A concelleira lembrou o traballo que realiza o seu servizo no coidado no eido da atención persoal ás persoas maiores: servizo de axuda no fogar, o de teleasistencia, envellecemento activo e coidadores de barrio, entre outros.

“Dende o Concello traballamos para converter a Vigo nunha plataforma de vangarda, referente en economía social, co foco posto no coidado das persoas pero tamén na aposta por proxectos innovadores que permitan a transferencia e intercambio de coñecemento, a atracción de talento e a creación de emprego ó servizo dos coidadores e a calidade de vida das persoas” matizou Aguiar.

Descargar todas as imaxes