O alcalde reúnese coa ministra conselleira do Reino Unido en España

luns, 5 dec 2022

Abel Caballero e Sarah Cowley, ministra da embaixada do Reino Unido en España, abordaron a relación comercial entre Vigo e o Reino Unido nun encontro celebrado este luns no Concello. No mesmo, participou Richard Davies, Comandante do buque Argus da Armada británica que está atracado na cidade. Davies entregou ao Concello unha metopa e unha fotografía do barco, que afronta a súa última viaxe, e que, entre outras accións, será lembrado por rescatar hai 24 anos a 10 mariñeiros náufragos galegos na zona do Cabo San Vicente. Algúns eran de Vigo.

Abel Caballero celebra que Vigo se convirta en sede permanente da Mesa da Ciencia Pesqueira

xoves, 1 dec 2022

Esta mañá o alcalde, acompañado pola ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, e polo ministro de de Agricultura, Pesca e Alimentación, inaugurou a primeira Mesa da Ciencia Pesqueira no Auditorio Mar de Vigo. Abel Caballero congratulouse da constitución desta mesa permanente, mostrando que "en Vigo a pesca ten o seu arraigo", xa que "somos unha cidade de mar, que exemplifica toda a integración vertical do sector".

O alcalde felicita ao alumnado do IES ROU polo seu talento a prol da igualdade

venres, 25 nov 2022

Abel Caballero participou este venres na entrega de premios do Concurso de Fotografía organizado polo IES República Oriental do Uruguay, a ANPA do mesmo e o Centro Comercial Travesía de Vigo con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. O alumnado da ESO recolleu en imaxes o que considera igualdade e as súas fotografías poden verse nas instalacións do centro comercial. O rexedor felicitounos polo traballo realizado e trasladoulles a importancia do respecto á muller e do respecto á igualdade.