Escoitar

Vigo será sede da terceira edición do Festival de Arquitectura Urbana TAC! 2024

Caballero sinalou que "converteuse nun referente da práctica da arquitectura efémera nova" e mostrouse "extraordinariamente satisfeito" pola elección. Impulsado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, une arquitectura contemporánea e reflexión sobre o urbano e o social, a través da construción dun pavillón temporal na cidade sede.

venres, 17 nov 2023

 

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana seleccionou a Vigo e a San Fernando. A III edición do Festival TAC reivindicará actuar ante a chamada definitiva do planeta e a sociedade, a oportunidade que supón para as cidades facer as cousas de maneira diferente para facer da cultura un elemento que achegue masa crítica no espazo público

Como destacou o rexedor, "dende o Concello presentamos a candidatura da cidade como sede, co apoio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, destacando o espírito transversal entre prácticas e políticas locais", o que permite profundar nas transformacións urbanas levadas a cabo por esta cidade singular forxada a partir dun tecido industrial.

O Mitma valorou de Vigo a importante transformación no ámbito do desenvolvemento arquitectónico, urbano e a recuperación do espazo público para construír unha cidade para as persoas. Destaca o proxecto “Vigo Vertical” que facilita a mobilidade e a estética dunha cidade moderna que aposta pola sustentabilidade, a innovación, a tecnoloxía e por xerar calidade de vida para a cidadanía.

Descargar todas as imaxes