luns, 13 novembro 2023

Caballero: "O aeroporto segue a crecer a velocidade de cruceiro"

luns, 13 nov 2023

O terminal viguesa consolidou o pasado mes de outubro a senda do incremento de pasaxeiros. Recibiu a un total de 101.395 viaxeiros, que representan un incremento do 9,9 por cento con respecto ao mesmo mes de 2022, no que se contabilizaron 92.264 usuarios. "Crece a velocidade de cruceiro", asegurou Abel Caballero.

Actos arredor do 25 N

luns, 13 nov 2023

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e o Concello de Vigo organiza actos de concienciación e reivindicación. Esta semana do martes ao venres haberá conferencias, cine e teatro.