Escoitar

Actos arredor do 25 N

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e o Concello de Vigo organiza actos de concienciación e reivindicación. Esta semana do martes ao venres haberá conferencias, cine e teatro.

luns, 13 nov 2023

MARTES, 14 novembro - 20:00 H

Charla “CREACIÓN E HUMOR CON PERSPECTIVA FEMINISTA” a cargo da directora Diana López Varela e proxección da súa curta
“Feminazi” ( 2018). Coloquio posterior.

• Salón de actos do museo MARCO. R/Príncipe.
Entrada libre ata completar a capacidade do local.

MÉRCORES, 15 novembro - 20:00 H

Representación da obra de teatro “IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER”

Intérprete: Alba Caneda
Dirección: Sara Rey | Compañía Humana

• Auditorio Municipal. Praza do Rei s/n.
Entrada libre ata completar a capacidade do local.

XOVES, 16 novembro - 19:00 H

Proxección do filme “O CORNO” (2023) de Jaione Camborda
Coloquio posterior coa directora.

• Auditorio Municipal. Praza do Rei s/n.
Entrada libre ata completar a capacidade do local.

VENRES, 17 novembro - 20:00 H
Representación da obra de teatro “BRAVAS” Intérprete: Isabel Risco
Dirección: Fran Rei | Compañía Isabel Risco

• Auditorio Municipal. Praza do Rei s/n.
Entrada libre ata completar a capacidade do local.

 

Descargar todas as imaxes