Escoitar

Doce artistas participarán nun novo certame de arte urbano na rúa

Doce artistas urbanos compiten este sábado 18 na V Edición do Certame de arte urbano, que se celebra no exterior da sede do Colexio de Arquitectos. Así o anunciou este venres o alcalde, ao destacar a transformación que se constata na cidade cos 177 murais instalados en medianeiras e muros de colexios.

venres, 17 nov 2023
Mural nuhna medianeira
Mural nuhna medianeira

O alcalde detallou este venres que a competición na que participan doce artistas, celebrarase desde as 10,30 da mañá ata as 16,30 da tarde. Durante seis horas plasmarán en directo as súas propostas en sobre un cartón pluma de dous metros por dous metros e medio.

Caballero lembrou que ata o inicio da "batalla" os participantes non coñecerán o tema sobre o que deberán traballar. A organización entregará a todos os participantes de 10 a 12 sprays de cor para que poidan executar as súas creacións. Caballero lembrou que o gañador realizará un mural no próximo certame.

O rexedor detallou que en setembro o Concello aprobou o décimo programa de medianeiras, dotado cun total de 480.000 euros, e que se realizarán 12 creacións entre medianeiras e muros de colexios. “Van seguir facendo que Vigo sexa unha cidade en cor”, afirmou.

Descargar todas as imaxes