Escoitar

Caballero: "O HALO adquire unha dimensión artística coa iluminación"

Abel Caballero asistiu este martes ao comezo das tres xornadas de probas globais da iluminación do ascensor HALO. Afirma que a estrutura será unha icona diúrna e nocturno de Vigo.

martes, 14 nov 2023
Ascensor HALO
Ascensor HALO

O alcalde avanzou que o ascensor HALO, que coas últimas novidades “adquire unha dimensión artística”, érguese como unha icona de Vigo tanto de día, por ser unha “escultura”, como de noite coa iluminación do interior dos ascensores e do conxunto exterior das dúas semicircunferencias. “Desde o exterior obsérvanse a luz e as cores. Será a través do revestimento de vidro de toda a cuberta por onde a iluminación se vai transferir”, explicou.

Caballero detallou que se iluminarán 1.300 metros cadrados. Toda a pasarela contará con 220 luminarias e con 8.800 puntos led. O sistema instalado permitirá xerar unha iluminación artístico-escénica en función das conmemoracións que teñan lugar. “Pode haber luz fixa, con escenas fixas, e con animacións dinámicas coa representación de obxectos que se programen, como a bandeira de Vigo ou a cor do Celta”, detallou ao anticipar que o ascensor se vai a converter nunha “gran atracción na cidade”.

O rexedor asegura que, coa nova iluminación, o HALO Vigo colócase entre as cidades con construcións destacadas como a Estación Central de Amberes, o parque do cincuentenario de Bruxelas, ou o Congreso dos Deputados. Amais, incidiu na complexidade do proceso de iluminación: “tecnicamente é complexo, xa que se trata de que a intensidade da luz sexa igual en toda a estrutura”. O proxecto avanza este mes na instalación dos aeroxeradores.

O novo ascensor conectará dúas áreas da cidade que agrupan a máis de 100.000 residentes, que pasarán a utilizalo nos seus desprazamentos. A obra está cofinanciada cos fondos europeos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Ascensor HALO
Ascensor HALO
Descargar todas as imaxes