Persoas usuarias da Cruz Vermella visitan o Concello

martes, 7 mai 2024

O alcalde saudou este martes a un grupo de maiores, usuarios de diferentes servizos de formación e entretemento da Cruz Vermella, que visitaron as dependencias municipais dentro do programa "Coñece o teu Concello". Caballero explicoulles o funcionamento do Pleno municipal e de varios órganos administrativos atendendo ás súas dúbidas e requirimentos sobre algunhas dinámicas municipais.

Alumnos de Compañía de María percorren os escenarios da Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

martes, 7 mai 2024

O alcalde explicou este martes aos 35 alumnos do Colexio Compañía de María que participan na actividade municipal "A Máquina do Tempo-Reconquista 2024" a importancia de coñecer a historia da Vigo e de forma especial o episodio no que os vigueses recuperaron a urbe da ocupación de Francia. Acompañado polo soldado francés da garda imperial de Napoleón Pierre Delapierre, Abel Caballero animou aos escolares para percorrer os escenarios onde tivo lugar en 1809 o histórico acontecemento. Con esta iniciativa o Concello de Vigo achega este ano a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5º e 6ª de Primaria.

O alcalde coñece o “hospital a bordo” de Vithas para buques en alta mar

martes, 7 mai 2024

Abel Caballero visitou o Hospital Vithas Vigo onde a dirección do centro fixo un simulacro do servizo de “hospital a bordo” que xa dá servizo a unha trintena de embarcacións. Desde Vigo e para todo o mundo, con esta ferramenta as tripulacións dos barcos que faenan en alta mar teñen ao seu alcance un servizo de urxencias xerais e con especialistas médicos, así como consultas programas e mesmo o seguimento de pacientes con hospitalización a bordo. O alcalde louvou a asistencia sanitaria en embarcacións e considerou que se trata “dunha garantía moi importante para as tripulacións en alta mar”, amais de considerar que pode extrapolarse a outros ámbitos e sectores.

Vigo, con 12 bandeiras azuis, álzase como a grande cidade española co maior número de distintivos

martes, 7 mai 2024

Vigo consolidase este ano como a gran cidade co maior número de bandeiras azuis, un total de 12, concedidas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, que se suman ás dos 5 sendeiros azuis aprobados en marzo. Así o destacou este martes o alcalde ao sinalar os areais distinguidos: O Adro, A Punta, Carril, Santa Baia, A Fonte-Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón e Rodas.

Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

venres, 3 mai 2024

Abel Caballero presentou hoxe, con David Regades, a nova Zona de Innovación 2024 que, do 21 ao 23 de maio, despregará o Consorcio da Zona Franca de Vigo na novena edición de Navalia. O stand está deseñado para facilitar un escaparate privilexiado a 16 emprendedores, onde mostrar as súas propostas e os seus proxectos innovadores aos principais actores do sector, así como para promover a captación para a formación de novos enxeñeiros navais e técnicos. No acto tamén participaron as concelleiras Elena Espinosa e Ana María Mejías, así como os responsables da feira, José García Costas e Javier Arnau, e o presidente territorial da Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España, Jorge Dhal.

Alumnado do colexio Alborada percorre o Vigo da Reconquista co programa didáctico "A Máquina do Tempo"

xoves, 2 mai 2024

Abel Caballero explicou este xoves aos estudantes do Colexio Alborada, que participan no programa didáctico "A Máquina do Tempo- Reconquista Vigo 2024", a importancia do fito histórico protagonizado pola cidadanía de Vigo en 1809 ao recuperar a cidade do dominio francés. Profesores e alumnos percorren o Vigo da Reconquista guiados polo soldado francés da garda imperial de Napoleón Pierre Delapierre. Máis de 1.200 escolares de quinto e sexto de primaria participan nunha das 23 visitas programadas polo Concello para dar a coñecer a historia da cidade entre os cativos.