Novos actores "debutan" nas "XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar"

mércores, 8 mai 2024

Abel Caballero animou ao alumnado do Ceip Belesar e da Escola Municipal de Teatro, que participaron este mércores nas “XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar", a seguir vinculados ás artes escénicas como actores e como espectadores. Insistiulles nas capacidades e as destrezas que se desenvolven a través da representación teatral e puxo en valor a achega do Concello a través da Escola Municipal de Teatro. Aproximadamente 1.100 alumnos e alumnas participan nesta experiencia teatral.

O rexedor asiste á conmemoración do Día de Europa

mércores, 8 mai 2024

A Axencia Europea de Control da Pesca, con sede na nosa cidade, celebrou esta mañá no Museo do Mar o acto de celebración do Día de Europa, que se conmemora o 9 de maio e marca o aniversario da histórica "Declaración Schuman", que sentou os cimentos da actual Unión Europea. Na súa quenda de palabra, Abel Caballero destacou a gran importancia do ente comunitario na actualidade, exclamando que "esta é a Europa coa que soñamos durante tanto tempo".

Alumnado do Colexio O Pombal achégase aos escenarios da Reconquista co programa "A máquina do tempo"

mércores, 8 mai 2024

Abel Caballero explicou este venres aos 40 alumnos do Colexio Plurilingüe O Pombal que participan na actividade didáctica "A Máquina do Tempo- Reconquista 2024" o valor co que a cidadanía de Vigo afrontou en 1809 a xesta de recuperar a cidade do dominio francés tras expulsar ao exército invasor. O alcalde remarcou a importancia de que os estudantes coñezan a historia de Vigo e percorran os lugares crave onde se sucederon os episodios lembrados cada ano na cidade. O Concello de Vigo achega a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5ª e 6ª de Primaria.

Más de 1.000 escolares gozan das artes escénicas nas "XIV Xornadas de Teatro"

martes, 7 mai 2024

Gozar da interpretación escénica, aprender a estar nun escenario e a expresarse en público. É a recomendación que deu hoxe o alcalde aos alumnos que representaron no Auditorio Municipal as súas obras dentro das “XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar”, organizadas pola Escola Municipal de Teatro. Este martes os estudantes do colexio Mestres Goldar representaron a obra "Vigo - Paris', seguidos dos do CEIP Lope de Vega con "Se eu tivera unha púa" e do CEE Saladino Cortizo coa obra "Limón". Preto de 1100 alumnos e alumnas formarán parte desta experiencia teatral como actores e como público.

Abel Caballero: "Abril foi un mes excepcional en xeración de emprego"

martes, 7 mai 2024

O alcalde da cidade realizou unha valoración tras coñecer os bos datos de emprego que rexistrou España, e en concreto Vigo. "O pasado mes de abril foi o mellor dato de redución de paro da historia", indicou Caballero, sinalando ademais que, "se reduce en case un 11%" con respecto ao mesmo mes en 2023 e situándose en 16.700 demandantes de emprego. Finalmente o primeiro edil sinalou que esta "é a mostra de que a economía e o emprego en Vigo tiran, diminuíndo o número de parados".