Caballero incide ante o alumnado de Calasancias na transcendencia do Concello na calidade de vida cidadá

xoves, 2 mai 2024

Abel Caballero trasladou hoxe aos estudantes de primeiro de Educación Secundaria do CPR Pai Miguez, Calasancias, a transcendencia da actividade que desenvolve o Concello de Vigo, en múltiples ámbitos, para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Tras recibir aos estudantes que participan no programa "Coñece ou teu Concello", na lonxa do consistorio, o alcalde animounos a estudar.

Os alumnos do CEIP Santa Mariña de Cabral avanzan na actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

xoves, 25 abr 2024

O alcalde recibiu hoxe no Concello aos alumnos do CEIP Santa Mariña de Cabral que participan no programa municipal “Visita o teu concello”. Caballero, acompañado pola concelleira de Educación, Olga Alonso, explicou os escolares a importancia da iniciativa que lles permite coñecer as dependencias do Concello onde se adoptan as decisións pensadas para mellorar a vida da cidadanía, así como a trascendencia de ser conscientes da importancia de Vigo, “a mellor cidade do mundo”. Animou aos estudantes aesforzarse nos estudos para participar dentro de catro anos nas becas municipais do programa “Vigo en Inglés”.

A primeira xornada do torneo escolar de debate céntrase na necesidade do control da intelixencia artificial

xoves, 25 abr 2024

Abel Caballero trasladou este xoves ao alumnado de terceiro e cuarto de Educación Secundaria dos institutos República do Uruguai, A Guía, Álvaro Cunqueiro e Alexandre Bóveda, que participan no primeiro torneo de debate escolar entre distintos centros públicos de Vigo, a importancia de desenvolver as habilidades de argumentación en público e de manter o interese por estar informados e formados. A xornada de apertura do torneo que se celebra no Auditorio Municipal, confrontou a 6 equipos de 4 alumnos cada un, con dobre participación do IES República do Uruguay, e centrouse no tema de se os estados deben controlar a intelixencia artificial. O luns 29 terá lugar a final, tamén no Auditorio Municipal. O alcalde remarcou a iniciativa dos catro institutos organizadores por colocarse á altura da universidade.

Abel Caballero reclama e ve "imprescindible" a gratuidade da peaxe da autoestrada AP9

xoves, 25 abr 2024

Abel Caballero demandou este xoves a gratuidade da autoestrada AP-9 non só para o traxectos entre Vigo e Pontevedra, se non tamén para os de toda Galicia, tras recordar que a decisión de ampliar a concesión a concesionaria Audasa, que mantén a obrigación do pago de peaxe aos galegos ata o ano 2048, foi acordada no ano 2000 polo goberno do Partido Popular presidido por José María Aznar. “Esta é a gran ocasión ” de reclamar a eliminación do pago da peaxe e, por tanto, de fixar a gratuidade, afirmou o alcalde ante o segundo expediente aberto pola Dirección Xeral de Mercado Interior e Industria da Comisión Europea pola ampliación, sen concurso público, da concesión por outros 25 anos.