Escoitar

O Marco acolle a presentación do catálogo e un concerto na exposición de Colmeiro e Palencia

Abel Caballero avanzou este luns o programa coas dúas actividades organizadas para os días 21 e 23 desta semana dentro da exposición “A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos 30”.

luns, 18 nov 2024

O alcalde explicou hoxe que o Museo Marco acollerá o xoves 21 de novembro, dentro da exposición “A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta”, a presentación do catálogo. Entre os participantes atópanse familiares dos artistas como Alba Corral Colmeiro, Ramón Palencia, así como Carlos L. Bernárdez e Miguel Fernández-Cid.

A oferta cultural desta semana, con motivo da mostra, complétase o sábado 23 co concerto “Tempos e espazos” para o que os intérpretes Rafael Yebra e Haché Costa compuxeron unha peza especial coa finalidade de conmemorar o centenario do surrealismo.

As dúas actividades comezarán ás sete da tarde. A entrada será gratuíta ata completar o aforo.

 

 

 

Descargar todas as imaxes