Vigo acende o Nadal cun 82% de ocupación hoteleira
Abel Caballero referiuse este luns ao desenvolvemento do acto de acendido da iluminación do Nadal, celebrado o sábado 16 de novembro, que presenciaron “miles e miles de persoas”.

A Porta do Sol acolleu o pasado sábado o acto que dá inicio á celebración do Nadal na cidade, cunha homenaxe a Valencia e a tódalas persoas afectadas pola DANA. Tal e como valorou o rexedor este luns, o acendido da iluminación navideña congregou a “miles e miles de persoas” na cidade que rexistrou unha grande afluencia de visitantes nas diferentes rúas da zona central.
En canto á ocupación hoteleira, Caballero apuntou que a noite do sábado rexistrouse unha porcentaxe superior ao 82% mentres a media da fin de semana, venres, sábado e domingo, situouse no 72,5%. “O dispositivo de seguridade funcionou á perfección e non houbo afeccións ao tráfico, polo que a cidade se desenvolveu extraordinariamente ben”.



