Escoitar

O alcalde louva o “traballo excepcional” dos bombeiros enviados a Valencia pola DANA

Abel Caballero recibiu ao dispositivo dos seis bombeiros que traballaron durante unha semana en Valencia axudando ás persoas afectadas pola DINA. “Fixeron un traballo excepcional”, afirmou.

venres, 15 nov 2024

O alcalde recibiu ao dispositivo de bombeiros que viaxou ata Valencia para traballar na axuda ás persoas afectadas pola DINA. Caballero louvou “o traballo excepcional” dos seis efectivos que se desprazaron ata as localidades de Puig, Paiporta e Catarroja durante unha semana para colaborar no restablecemento da normalidade nestas localidades, fortemente afectadas polo temporal.

O rexedor recoñeceu o seu labor e axuda profesional e o agarimo que lle brindaron ao pobo de Valencia.

Descargar todas as imaxes