Domingo Villar permanecerá "sentado" nos xardíns da Praza Compostela
Trátase dunha peza en bronce do artista ourensán Pedro Dobao, que ten un custo 114.000 euros e que será instalada, en xaneiro de 2025, nos xardíns da Praza de Compostela. Caballero destacou a transcendencia do escritor por su "inmensa calidade literaria e a súa bonhomía".

Abel Caballero deu conta da adquisición dunha escultura en bronce en recordo ao literato e xornalista nado en Vigo Domingo Villar, coa que "queremos renderlle unha homenaxe á súa inmensa calidade literaria, ao seu viguismo e á súa bonhomía porque era moi boa persoa”. Destacou a transcendencia de Villar na literatura española "revolucionando a novela negra” coas obras protagonizadas por Leo Caldas que foron traducidas a máis de 15 idiomas. O rexedor tamén destacou os numerosos premios nacionais e internacionais que recibiu o escritor vigués.
Escultura
A escultura en bronce realizada por Pedro Dobao, cunha altura 1,30 metros de alto e un gran peso, “sentará” a Domingo Villar cos seus libros fronte á súa residencia familiar permitindo ás persoas que o desexen inmortalizarse á beira do escritor. A peza está valorada en 114.950 euros.