O Concello outorga a primeira licenza de ampliación de Navia para un edificio de 40 vivendas
O alcalde reiterou esta mañá a vocación do Concello de cooperar para que na cidade se constrúa vivenda sometida a algún tipo de protección o antes posible. Urbanismo xa outorgou a primeira licenza de ampliación de Navia para un edificio de 40 vivendas.

A Xerencia de Urbanismo vén de asinar a primeira licenza de ampliación de Navia para un edificio de 40 vivendas e un orzamento de 6,5 millóns, unha mostra da vocación de cooperación “total” do Concello para a construción de vivenda a prezo asequible.
Tal e como afirmou Caballero, a Xunta debe proceder con “celeridade” con unhas obras que deberán realizarse de forma simultánea á urbanización do polígono. Este edifico terá que ceder para uso público unha superficie de 124 m² nos soportais. O alcalde rematou urxindo a Xunta a acometer de forma inmediata unhas obras para as que xa hai licenza.